mércores, 14 de xuño de 2017

Relación epistolar

Durante este curso, e como actividade promovida desde o ENLD para o uso e promoción da lingua galega, o alumnado de 5º e 6º mantivo unha comunicación mediante carta co alumnado dos mesmos cursos do CEIP Escultor Acuña, de Vigo.
Hoxe quedamos moi contentos porque recibimos a segunda tanda de cartas, en resposta ás enviadas anteriormente por nós.
Que tal vos resultou esta experiencia?


E para o día 21, mércores, SORPRESA: Poderedes coñecer en persoa aos vosos amigos e amigas, pois ese día veñen facernos unha visita!!!

2 comentarios:

  1. Para min, esta manera de fomentar a lingua galega paréceme moi divertida.
    Eu tiven que facer cartas para dous nenos .
    Unha das cartas que me chegou oxe tróuxome un preciso marcapáxinas feito pola nai do neno.

    ResponderEliminar
  2. Gústame este actividade de mandar cartas a outros nenos doutro colexio. Eu fago cartas para un neno chamado Samuel. O que non me gusta de Samuel e que non se esforza en facer as cartas con boa letra algín que outro debuxiño ou o marxe. Gustaríame coñecer a todos os do colexio Escultor Acuña.

    ResponderEliminar