O xadrez é un interesante
xogo de mesa entre dous xogadores, que se disputa sobre un taboleiro
de 8x8 casas alternando brancas e negras e dispoñendo cada xogador
de 16 pezas.
Está considerado como
deporte, no que destacaron sobre todo xadrecistas da antiga Unión
Soviética.
Pero nesta ocasión
utilizaremos o taboleiro para unha partida un tanto especial, e non
de xadrez, precisamente.
Imaxinemos que na primeira
casa do taboleiro colocamos un gran de arroz, na segunda colocamos
dous grans, 4 na terceira, 8 na cuarta, 16 na seguinte... e así
sucesivamente, dobrando en cada casa o número de grans de arroz da
casa anterior.
As preguntas que se fan
son estas:
Cantas casas ten o
taboleiro? (Veña, veña,... esta é unha pregunta moi fácil).
Cantos grans de arroz
debemos colocar na última casa?
E tamén: cantos paquetes
de 1 kg cres que se deben colocar nesa última casa?
Necesitarás a
axuda de Gari
Kaspárov?